Ramón Villares: “Galiza, terra irmá de Portugal”

«Este breve ensaio, editado pola Fundaçâo Francisco Manuel dos Santos (Lisboa, 2022),  trata da evolución histórica de Galicia, contada en diálogo coa historia e a política de Portugal, comezando pola raíz común que foi a Gallaecia romana e sueva até os primordios do segundo milenio, cando se produce a escisión entre as duas partes da antiga provincia romana, na que o norte (a “terra  lucense”) fica co propio nome de Galicia e a parte do sul (“terra bracarense”) se transforma a partir de Portucale no reino de Portugal,  do que mesmo procede o nome da lingua daquel novo reino peninsular. O poeta Miguel Torga dixo en certa ocasión, a propósito dunha visita de escritores galegos  á sua morada de Coimbra, que ao escoitar aquel “lenguajar nativo e arcaico” no que lle falaban, decatouse da existencia  duma patria común pero “trágicamente dividida”.  A división non foi especialmente tráxica, pero a pregunta segue a ser se aquela escisión dun territorio común pode ser refeita ou debe continuar no estado actual. Esta é a cuestión na que teñen matinado moitos dos nosos devanceiros, nun tempo alcumados como “iberistas”.

O obxectivo de fondo do ensaio non é, sen embargo, volver ás utopías iberistas,  senón analizar ata que ponto as duas realidades, aquén e alem Minho, son semellantes no sentido de ser Galicia “terra irmá” ou mesmo o “lar materno” de Portugal, ou se trata de realidades diferentes ou mesmo asimétricas. Certamente, hai moitas semellanzas no “sabor da Terra”, no poder da Igrexa, nos modos de se asentar sobre o territorio, e tamén na sua cultura popular e, naturalmente, na lingua por máis que desde o inicio adoptasen nomes distintos, só camuflados baixo o nome de “galaico-portugués” para designar ese monumento da cultura occidental que é a lírica medieval.

Pero á beira das semellanzas, houbo e hai unha asimetria de natureza política, que comezou no momento da creación do reino português. O norte da Gallaecia, comandado pelo arcebispo Diego Gelmirez e pola Igrexa asentada en Galicia -moita dela chegada da França-, quixo engrandecer o núcleo cultural e relixioso de Compostela, aínda estando desprovisto do necesario respaldo institucional e de ser un reino que non tiña dinastía de seu. Gelmírez perdeu identidade política e gañou en alianzas coa Europa carolinxia. Pola sua parte, o sul daquel territorio da Gallaecia,  dirixido polo rei Afonso Henriques, fillo da raiña Teresa e de Henrique, un conde borgoñon -sempre a França na xeopolítica desta Terra-, fixo do condado de Portucale un novo reino e marcou a roita cara o Sul e unha futura expansâo ultramarina que, desde logo, el non podía imaxinar cando se revoltou contra os “indignos galegos” que privaban cabo de sua mai.

Aquelas estratexias marcaron por séculos a evolución histórica da Galicia e de Portugal, pero a continuidade cultural entre as duas beiras do Miño nunca foi interrumpida de todo. A presenza de galegos em Portugal foi uma constante, ata o ponto de seren non só o mito orixinario senón un “elemento social” nas cidades de Porto e Lisboa ou contribuirem a construir os socalcos viñateiros do Alto Douro, “a mais  imponente obra humana feita em Portugal”, segundo o xeógrafo Orlando Ribeiro. En suma, que pode haber relacións constantes, mesmo semellanzas pero todo isto non permite decir que aquelas realidades políticas fundadas do século XII sexan a mesma cousa. Foi en tempos recentes cando daquela proximidade linguistica, cultural e social se abriu unha nova ollada capaz de descubrir que, mesmo na diferenza, Portugal era un referente de valor extraordinario para entender Galicia.

Así que, despois de séculos de estaren de costas viradas, as elites culturais e políticas galegas virarom desde finais do século XIX os seus olhos cara Portugal, na procura dun referente para construir un proxecto de natureza nacional galega. Os dirixentes da xeración Nós e das Irmandades da Fala abriron un diálogo con intelectuais portugueses e defenderon un ideario panlusitanista, definido polo seu atlantismo e saudosismo. Pero  foi adhesión conxunta en 1986 de España e Portugal ao que hoxe se denomina Unión Europea, a chave que abriu a porta para novas políticas de coordenación e desenvolvimento transfronteirizo, que debe encontrar na vella irmandade destas terras atlánticas o argumento central para o deseño dun futuro partillado.

O sentido último deste ensaio é, pois,  mostrar que Galicia non é portuguesa, mas que atravesar a fronteira para o norte non pode significar para un viaxeiro portugués que está a entrar en España senón nunha “terra irmá”. E que tampouco é precisa un fusión política da terra galega e portuguesa, como soñaran tantos poetas e intelectuais da duas beiras do Miño, desde Vicente Risco a Teixeira de Pascoaes ou Fernando Pessoa, para que as conexións e as alianzas deixen de lado distancias e antigos recelos.  

Hoxe hai abondosos argumentos para deseñar un futuro de modo conxunto, nomeadamente entre Galicia e a Regiâo norte de Portugal. Este ensaio, por tanto, convida ao leitor que se debe repensar a relación entgre estas terras irmás e conclue coa esperanza de que as vellas utopías se volvan realidade. Como auspiciava Vicente Risco en 1928, nunca é tarde para “retormar a conversa” o que, en tempos de democracia política e de autogoberno, deve ser máis uma obriga do que uma hipótese de trabalho.»

Cf. Eixo Atlântico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *