O Arquivo da Real Academia Galega acaba de completar unha importante incorporación aos seus fondos dixitalizados dispoñibles na Rede. A colección de pergameos da institución, 285 escritos do século XII ao XVIII, inclúe bulas, privilexios reais, foros, doazóns, contratos de compravenda, sentenzas xudiciais e outros manuscritos, de orixe pública e privada, agora dispoñibles para todo o público no Arquivo Dixital de Galicia. A RAG celebra así o Día Internacional dos Arquivos e, nas vésperas desta conmemoración, propón unha viaxe desde academia.gal á Idade Media, guiada polos académicos Pegerto Saavedra e Henrique Monteagudo, a través de dous destes pergameos destacados: o máis antigo da RAG e o máis vello dos escritos en galego da institución.
O 10 de maio de 1259 Sancho Fernández e a súa dona, Maior Fernández, asinaban unha venda de eguas ao mosteiro de Caaveiro. O documento que a recolle é, de todos os pergameos datados da RAG, o máis antigo escrito en galego, nun momento en que a nosa lingua aínda empezaba a consolidarse neste tipo de textos. “Aínda que se conservan uns poucos documentos notariais redactados en galego desde a década de 1230-1240, ata 1250 a lingua que se utilizaba nestes textos era o latín, como na xeneralidade dos escritos, con excepción das cantigas trobadorescas. A partir do ascenso ao trono do rei Afonso X O Sabio (1252) comeza a usarse cada vez máis o galego, pero antes de 1260 os documentos nesta lingua aínda son escasos”, explica o académico Henrique Monteagudo.
O importante e triste é o xenocidio linguistico e cultural que acontece atualmente, mesmo con as instituzoes “galegas”, o governo “regional” e as forzas politics estatais e pseudo- galegas. O pasado é bon sabe-lo, o problema se morre a lingua, morre Galicia. E de que serve un pasado glorioso se Galicia morreu????
Tes toda a razón do mundo.Por suposto que as institucións encargadas de velar pola lingoa son culpables número un,pero tamén todos e cada un de nos por non saber transmitir e coidar.Se un pobo perde a seña de identidade que o define que e a súa lingoa,xa habrá perdido máis da metade da súa esencia.Sera unha morte lenta e agónica,pero segura.Ainda estamos a tempo,compromiso e amor propio e o que nos falta.
Temos que salvar ó galego. Está na UCI!!!
Claro, era el castellano antiguo que después no evolucionó y se quedó en el dialecto actual
No, Juan, el gallego es más antiguo que el castellano, así como Galicia es anterior a Castilla en proeminencia política y cultural. De hecho Castilla tiene fuerza política desde el siglo XIII, mientras que Galicia en el siglo anterior ya pretendía competir con Roma en el poder religioso y coronaba en Compostela los emperadores de España. La Historia está a mano, para quien quiera verla.
Galicia e a sua lingua ,sen galego seriamos coma Murcia con todos os meus respetos . Somos singulares unha lingua universal de onde sea o Portugués.
É triste ver o Português como uma grande língua internacional e o galego a morrer.
O galego ou é galego-português ou galego-castelhano .