DO GALEGO AO PORTUGUÉS (DGAP)
O obxectivo desta asociación é promover o achegamento ao portugués desde o galego.
Estas son as liñas que orientan o noso traballo:
-
A proximidade entre o galego e o portugués é un activo cultural, social e económico de enorme valor para Galiza. A Asociación nace para axudar a aproveitar as posibilidades reais deste sistema de comunicación, que é aínda máis importante nunha sociedade do século XXI na que as fronteiras van perdendo capacidade de afastar unhas xentes doutras.
-
Queremos elixir camiños prácticos para acadar o noso obxectivo. Darase preferencia ao espazo da comunicación oral e ao traballo coa mocidade.
-
Temos vontade de colaborar con todo tipo de persoas e organizacións, públicas e privadas. Nese senso, manifestamos a neutralidade da Asociación ante as diversas posturas de tipo político ou relativas ás normas ortográficas que existen na nosa terra. Desexamos evitar que debates deste tipo nos afasten do noso obxectivo, no que deberían poder confluír a maioría dos galegos.
Inscrita Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia, nº 2019/023389-1ª