Alumnos lucenses aprenden portugués

«A Associaçom Galega da Lingua e a Vicepresidencia da Deputación organizan 25 obradoiros en trece centros educativos da provincia.

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) desenvolverá 25 obradoiros de achegamento ao portugués en trece centros educativos da provincia, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A vicepresidenta, Maite Ferreiro, e o presidente de AGAL, Edudardo Maragoto, presentaron no Pazo de San Marcos esta iniciaitiva que achega ao alumnado lucense unha actividade formativa que AGAL está a levar a cabo noutros concellos de todo o país.

Os obradoiros, que se desenvolven baixo o epígrafe O Português Simples-OPS teñen como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.

[…] Ademais, informan do que a lusofonía representa en termos xeográficos, culturais e económicos, contribuíndo a tomar consciencia do que descoñecemos dos países que falan portugués. Tamén fornecen recursos para que os alumnos e alumnas sexan autonómas na aprendizaxe, poñéndoas en contactos con diferentes recursos culturais, desde música ou cinema ata xornais e xogos […].»

Cf. La Voz de Galicia: “Música, cinema, xogos e a lingua galega axudan aos alumnos lucenses a aprender portugués”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *