«O poeta e escritor Tiago Alves naceu en Vila Nova de Famalicão. Pese á proximidade xeográfica da súa orixe, ao chegar a Galiza deu con algo que non agardaba. Atopar a galeguidade que ía nel, segundo conta, transfigurouno. Licenciado en publicidade pola Universidade de Florida, é o primeiro escritor portugués en se integrar na Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Autor dunha obra poética que diáloga con outros xéneros literarios, Alves é tamén codirector da revista dixital de artes e letras Palavra Comum: un proxecto con vocación de comunicar distintas expresións artísticas do espazo da lusofonía. Tiago Alves tamén é membro da Associaçom Galega da Língua e na actualidade reside na Coruña. Nesa cidade foi onde unha vez un amigo galego lle pediu que falase portugués, sorprendéndoo e mudando para sempre o mapa que, como portugués, tiña de España. Precisamente sobre a necesidade de tender pontes, de abrir mapas e superar fronteiras xira esta conversa. #RostrosdoPaís#NósTelevisión#Galego#Portugués#Galiza#Portugal»
Cf. Nós Televisión