Semellanzas gramaticais entre o galego e o portugués brasileiro – AC Alexandre Bóveda

«O xoves 18 de xaneiro, ás 19.30 h, teremos connosco a Victor Hugo da Silva Vasconcellos para falarnos das semellanzas gramaticais entre o galego e o portugués brasileiro. O galego, ademais de falarse na Galiza, conta con outras variedades en Portugal, Brasil, Timor-Leste e países africanos. Así, moitas estruturas lingüísticas son similares tanto no léxico como na gramática destas variedades. Victor Hugo da Silva pretende mostrar estruturas similares nas dúas variedades lingüísticas, rompendo a suposta impresión de que son dúas linguas diferentes aínda que a ortografía segue normas diverxentes. Para exemplificar estas semellanzas, empregaremos textos dos medios de comunicación do Brasil e da Galiza, facendo a presentación máis didáctica e dinámica. Victor Hugo da Silva Vasconcellos é doutorando en filoloxía galega e portuguesa na Universidade da Coruña. Foi profesor de lingua portuguesa e lingüística en colexios e universidades no Brasil.»

Cf.: Semellanzas gramaticais entre o galego e o portugués brasileiro – AC Alexandre Bóveda