Os novos proxectos culturais semellan non esquecer os vínculos naturais entre o galego e o portugués, dun modo útil e libre de preconceptos:
«[…] EDICIÓNS EN DIFERENTES LINGUAS
O noso interese pola edición en diferentes linguas baséase no actual contexto de diglosia. Temos un compromiso co noso idioma, e defendemos a posibilidade de atopar material didáctico e cultural nas diferentes normas do galego, en castelán e en inglés.
Apostamos polo binormativismo
Porque cremos na necesidade de normalizar unha situación que é unha realidade hoxe en día.
Cremos que o galego internacional e o galego RAG deben convivir en igualdade, para iso é preciso a formación e a divulgación da norma AGAL, así coma a súa oficialidade.
Por esta realidade, desde Raposeiras Editorial apostamos por contribuír na divulgación de material didáctico e cultural nas dúas normas […].»
Cf. Wendy Carolina: “Raposeiras vai editar en galego normativo e en reintegrado” (Nós Diario) e web Raposeiras Editorial.