«Obviamente aqui falo de sotaque e léxico. A morfologia é a mesma e na sintaxe há algumas diferenças, mas um vídeo curto não dá para falar de tudo.»
Cf. Canal Esbardalhando
UMA PONTE QUE NOS LEVA ALÉM DO MINHO, ALÉM DO ATLÂNTICO, ALÉM DO SAARA, ALÉM DA ÁSIA
«Obviamente aqui falo de sotaque e léxico. A morfologia é a mesma e na sintaxe há algumas diferenças, mas um vídeo curto não dá para falar de tudo.»
Cf. Canal Esbardalhando
[…] «Ricardo Carvalho Calero consideraba que era un poeta sobre todas as cousas. A súa primeira intención era estudar e producir literatura. Para el a poesía sempre foi importante, aínda que como el non se incluíu na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha obra que continúa a ser unha referencia, non foi ben valorado e ficou máis periférico como poeta», afirma o filólogo Paulo Fernández Mirás, quen publicou este ano dous valiosos libros sobre a figura a quen se lle dedica a conmemoración das Letras Galegas: Antologia da poesia em galego, na editora Através, e Ricardo Carvalho Calero, unha vida pola Galiza e o galego, en Ir Indo.
[…] Paulo Fernández, que no seu confinamento en Ordes continúa a traballar en estudos e proxectos, conclúe que Carvalho Calero «é fundamental para sabermos como progresaron a lingua e a literatura galegas no século XX, antes e despois da guerra; é unha figura basilar. E máis ca iso: a Galicia do século pasado non se entende ben sen Carvalho Calero. Non só a historia da literatura, senón tamén a propia historia do país. Poemas como “Como pudemos viver?”, do seu derradeiro libro de poesía, Reticências… (1986-1989), evidencian como é unha voz ben viva aínda hoxe, unha luz de esperanza, e como lembrarmos a Carvalho é moi positivo».