‘O que está a faltar’: mais língua portuguesa na escola?

«Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Eliseu Mera, diretor do IES Plurilíngüe de Valga e vice-presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) conversárom recentemente sobre a progressiva e ainda tímida introduçom do português nas aulas, analisando a oportunidade de avançar com o português em todos os centros do ensino, uma oportunidade que nem o galego como língua nem os galegos como pessoas deviam desaproveitar, pois tornaria a nossa sociedade numa privilegiada em termos idiomáticos.

Esta conversa forma parte dunha série de conversas promovidas pola AGAL e realizadas por Nós Televisión que refletem sobre o ensino do/em galego sob o mote “Ensino do Galego. O que está a faltar?”. A iniciativa contou com o apoio económico da Deputación da Coruña […]».

Cf. PGL

Tiago Alves Costa: “A lusofonia tem muito a ganhar em conhecer à Galiza”

«O poeta e escritor Tiago Alves naceu en Vila Nova de Famalicão. Pese á proximidade xeográfica da súa orixe, ao chegar a Galiza deu con algo que non agardaba. Atopar a galeguidade que ía nel, segundo conta, transfigurouno. Licenciado en publicidade pola Universidade de Florida, é o primeiro escritor portugués en se integrar na Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Autor dunha obra poética que diáloga con outros xéneros literarios, Alves é tamén codirector da revista dixital de artes e letras Palavra Comum: un proxecto con vocación de comunicar distintas expresións artísticas do espazo da lusofonía. Tiago Alves tamén é membro da Associaçom Galega da Língua e na actualidade reside na Coruña. Nesa cidade foi onde unha vez un amigo galego lle pediu que falase portugués, sorprendéndoo e mudando para sempre o mapa que, como portugués, tiña de España. Precisamente sobre a necesidade de tender pontes, de abrir mapas e superar fronteiras xira esta conversa. #RostrosdoPaís#NósTelevisión#Galego#Portugués#Galiza#Portugal»

Cf. Nós Televisión