Programa da Xunta para honrar a figura de Carvalho Calero

«Este 2020, a RAG acordou honrar co Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), de quen a institución salienta o seu compromiso galeguista, que mesmo o levou a sufrir cárcere tras a Guerra Civil; a súa faceta de creador literario nos eidos da poesía, a narrativa e o teatro; o seu labor no campo da historia literaria galega, da que pode considerarse fundador coa monumental Historia da literatura galega contemporánea (1963); o feito de ser o primeiro profesor e catedrático de Lingüística e Literatura Galega; e a influencia, nos últimos anos da súa vida, das súas ideas sobre a lingua propia de Galicia.

Máis información

Programa da Xunta de Galicia para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020»

Cf. Observatorio da lingua galega