aRi[t]mar celebrou a lusofonía

«O festival aRi[t]mar fechou esta cuarta feira en Compostela a súa sétima edición cunha gala na que a música e a poesía conviviron en harmonía, bañadas pola defensa da lusofonía, como é meta orixinal desta iniciativa. Sabíanse de antemán os nomes das e dos premiados, mais nin ese avance que lle restaba o efecto sorpresa foi quen de quitarlle brillo a gala da convivencia e a ruptura de fronteiras entre a Galiza e Portugal.

A “abrumadora vitoria feminina” foi seguida por un auditorio ao máximo da súa capacidade (600 persoas) […].»

Source: aRi[t]mar celebra a lusofonía que esvaece as fronteiras