Terreiro galego da Lusofonia: Batuko Tabanka

DJUNTA MÔ, de Batuka Tabanka

«Temos dedicado atenção quer a Cabo Verde, quer à Galiza, dois países irmãos, duas culturas intimamente ligadas a Portugal – a galega a montante, nos alvores da nossa identidade, a cabo-verdiana a jusante, consequência das nossas navegações e do povoamento que fizemos das terras que achámos. Ligações entre essas duas culturas? Existem e não são poucas».

«Há uma colónia de cabo-verdianos na Galiza, maioritariamente constituída por homens do mar. Um grupo de doze cabo-verdianas, residentes em Burela (Lugo), ensaia desde há cerca de uma dezena de anos, recuperando ritmos ancestrais como a «Batuka». Vamos falar destas corajosas mulheres que não querem que a memória e a voz da sua cultura se percam. O grupo nasceu durante um jantar em Burela. Uma das actuais componentes do grupo, perguntou: por que não batucamos como as velhas da nossa terra? E a pergunta, floresceu, resultando no «Batuko Tabanka».

Diz Antonina de Cangas, a solista do grupo: «As mulheres não podiam falar e, comunicavam, batendo no peito como manifestação de protesto. Depois utilizaram um trapo molhado» e depois, acrescentou, um saco de couro colocado entre as pernas. A «batuka» é uma música de trabalho, como a da «pandereteira» galega ou a das adufeiras portuguesas; está à margem das dolentes mornas que Cesária Évora internacionalizou.»

Cf. Estrolábio

Bieito Romero: Cabo Verde

«No ano 2006 cando coñecín Cabo Verde e dende aqueles días, a súa lembranza quedou fermosamente gravada na miña memoria. Saímos da Coruña en bus ata o aeroporto Francisco Sâ Carneiro de Porto e dende alí voamos ata a illa de Sâo Vicente onde está situado o aeroporto Cesária Évora.

Wikipedia: CC BY-SA 2.1 es

A música como forma de expresión cultural tivo en Cabo Verde a Cesaria Évora como a mellor embaixadora, muller de gran sensibilidade e portadora da alma do seu pais. Ela deixou unha estela que seguiron moitos outros artistas como Tito París, Lura, Ferro Gaita, Sara Tavares ou Mayra Andrade entre outros que continuaron situando este pequeno arquipélago centroafricano no mundo. Un tipo de acción, coa música como protagonista, no que moitas institucións deberían reparar á hora de promocionarse cara o mundo. Cabo Verde é tamén un lugar paradisíaco no oeste do basto continente africano onde prevalece a paz e a tranquilidade.

Foi naquel 2006, que xa semella tan de lonxe, cando desembarquei en Sâo Vicente e respirei un ar tan familiar como o que respiro aquí. Estaba na África insular escoitando falar en galego con xente de raza negra tan acolledora e doce como somos (habitualmente) nós, os galegos. E foi un descubrimento sorprendente! Sentinme un máis ao instante malia saber que estaba separado por uns cantos milleiros de quilómetros de mar da miña casa.

De Sâo Vicente navegamos nun transbordador ata Santo Antâo. Boa parte da viaxe fomos acompañados por peixes voadores que converteron en inesquecible e máis levadío o noso traxecto mariño. Fixemos un percorrido dende o peirao de Porto Novo ata Ribeira Grande atravesando unha desas estradas empedradas que tanto gustan nas culturas lusitanas e que eu respecto, pero que te deixan mallado. E xa alí, dinme conta de que hai lugares no mundo onde podes sentirte como na propia casa.

Este ano, se a pandemia o permite, volverei, gozarei e tentarei que coa nosa música eles tamén se acheguen un pouquiño á nosa cultura e á nosa terra. Cabo Verde é un lugar paradisíaco con xente acolledora e boa. Gosto!»

Cf. La Voz de Galicia