
Galiza no Jornal de Letras 1/2
Fernando Venâncio: «Nós, os galegos»
O portugués non é lingua estranxeira, por Enrique Sáez Ponte
Considerar o portugués como lingua estranxeira é un grave problema de diagnóstico. A causa disto, a vantaxe de que o galego e o portugués compartan tronco lingüístico estase convertendo nun obstáculo real para o achegamento da xuventude ao emprego da lingua irmá, cando tiña que ser o contrario.

O portugués debe ser ensinado desde o galego, aínda que iso pete coa divisoria oficial entre linguas, que neste caso concreto é bastante artificial. No sistema educativo español, hai programas de ensino para linguas propias e para linguas estranxeiras. Calquera deles está estruturado nunha serie de cursos que abranguen un período de formación de varios anos, con profesores e orzamentos específicos. Mais aquí temos unha situación moi nosa: o gris existe. O branco ou o negro non nos serven, porque o portugués é unha lingua que poderíamos denominar semipropia; está nunha categoría inexistente na racionalidade legal dos programas educativos.
Feijoo: “El gallego es el origen del castellano y del portugués” e “tenemos raíces celtas”
«[…] Preguntado pola situación da lingua galega, Feijóo soltouse como poucas veces fai: “Algunos filólogos acreditan que el gallego es el origen del castellano” e “del portugués”. De feito, tamén remarcou que é “un idioma de la lusofonía” que “nos comunica con unos 270 millones de lusófonos en el mundo” […]».
(Cf. Galicia Confidencial)