aRi[t]mar​ – Música e Poesia

aRi[t]mar​ 2021 – Os mais de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar galiza e portugal promovido pela Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela  que promove a música e a poesia produzidas na Galiza e em Portugal.

 

Guadi Galego, com Cólico e Cláudia Pascoal, com Quase Dança são as grandes vencedoras da categoria música desta edição. Estes prémios, juntamente com os prêmios de poesia, e o prêmio da embaixada da amizade,  serão entregues na Gala aRi[t]mar 2021.

Segundo explicou o diretor da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, o Prêmio voltou a gerar muitas boas expectativas, durante todo o processo de votação foi muito equilíbrado, quer nas músicas ganhadoras quer nas segundas e nas terceiras mais votadas até ao último minuto. Batemos o recorde de votação neste ano, com a participação popular mais alta de todas as edições anteriores.

Continuar lendo “aRi[t]mar​ – Música e Poesia”

Bieito Romero: “Sou galego até o Mondego”

«Sou galego, ai, sou galego. Sou galego até o Mondego… Así di parte do retrouso dunha canción moi popular en Portugal hai xa algúns anos, e certamente coñecín moitos portugueses que pensaban e pensan así. O Mondego é único río importante portugués que non nace en territorio español, faino na serra da Estrela a case 1.500 metros de altitude para desembocar no Atlántico, na fermosa cidade de Figueira da Foz, distrito de Coimbra. E esa é a parte da canción que o famoso fadista e compositor contemporáneo Paulo Bragança gravou.

Sen querer meterme en polémicas ou en fonduras de carácter pasional, eu estou de acordo na irmandade galaico portuguesa con todo o significado histórico que ten e o que supón. Particularmente cada vez que vou a Portugal, síntome como se estivese na casa por moitos motivos que para min son obvios. O idioma é un deles e mesmo pasar varios días alí, sérveme para perfeccionar o meu propio galego. A paisaxe e a cultura son semellantes en moitos aspectos, a gastronomía é marabillosa, variada, abundante e aquí xa temos outro grande parecido con nós. O comportamento social e o carácter hospitalario dos portugueses é semellante ao noso, así como tamén as súas músicas tan directamente conexionadas coas nosas tanto en ritmos coma en instrumentos.

Así pois, resulta difícil trazar fronteiras, en realidade, tampouco estou seguro de que as haxa. Dentro desta nova fase do desconfinamento da pandemia no 2021 volvemos de novo aos escenarios con Luar Na Lubre, e de novo achegámonos a Portugal. Estivemos nun importante evento chamado Festival Intermunicipal de Músicas do Mundo (Festim) e actuamos no cine teatro de Estarreja, distrito de Aveiro na rexión centro e tamén en O cinema de Oliveira de Azeméis no mesmo distrito. As entradas esgotáronse para escoitar e vivir a nosa música galega nos dous espazos cun público que gozou tanto coma nós con eles. Sentímonos queridos falando o mesmo idioma, compartindo momentos marabillosos intensos e entrañables con músicas e xantares nesta terra irmán da que eu xa teño saudades e gañas de volver o antes posible».

Cf. La Voz de Galicia

Boyanka Kostova – Muinheira de Interior

Muiñeira trap.

Licensing: marcos@mushroompillow.com

Booking: keina@articapro.com

“Farruco foi ao muinho, Volveu cheo de farinha, El muinheiro non é, Eu non sei con quen andaría, Non sei con quen andaría, Que mira como caminha, Marchou onte pola noite, Volveu hoxe polo día, Unha noite no muiño, Unha noite non é nada, Unha semaniña enteira, Eso si que é muiñada, A mandíbula de Farruquinho, Non vexas como se move El di que non toumou nada Pero báilalle o pasodoble Báilalle o pasodoble, E tamén lle castanhea, Van a ter que contratalo, Pa tocar no grupo da aldea Árdelle o eixo, árdelle o carro, Prende ese porro, e pasa o cacharro muiñeira de interior, Porque non hai outra feira mellor Arrastráchelo cu polas pallas, E fixéchela cam no chan, E molláchela berberechinha, Que traías sequiña do vrán, Que traías sequiña do vrán, Que traías sequiña do vrán, Arrastráchelo cu polas pallas E fixéchela cama no chan”.