«“Galego por diante”: A camiseta do verán»

«Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”.

Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que poñer por diante todo.

Falamos cun dos promotores, Enrique Sáez, que lucíu o lema, con gran aceptación, polas rúas de Compostela, dando conta da “gran preoupación que existe no país pola nosa lingua, que vai esmorecendo de vagar”. Con todo, recoñece a importancia de saír á rúa a manifestarse: “Isto vale para reivindicar o uso dunha lingua que é parte da alma do noso pobo, e que ademais serve para falar con medio mundo. Hai que facer moitas máis cousas pero manifestarse sempre está ben”.

  • Como nace esta camiseta?

Trátase dunha iniciativa dunha pequena asociación do galegoportugés (DGAP), que pensamos a finais do ano pasado que había que facer algo. Empezamos a deseñar primeiro un lema, “Galego por diante”, porque o lema é importante. Hai que pedir, reinvidicar, esixir pactos políticos, pero todos os que sentimos isto temos que poñer o galego por diante e comezar a falalo sempre. Gustaríame que os políticos falasen en galego nas tribunas, e que cando entraras nunha oficina pública, nos falaran en galego. Pero polo camiño hai moito que facer.
Gustaríame que a mocidade levase este lema posto este verán, porque obrigaría a pensar algo máis aos responsables políticos que temos”.

Unha vez tivemos o lema, o deseño chega gracias a un gran deseñador gráfico xubilado, que colaborou de balde coa iniciativa. Nas costas leva unha nube de países nos que se fala galego versión portuguesa.
Ademais, a través dunha empresa comprometida, temos confirmadas unhas boas condicións de produción, o que permite que todas as Asociacións poidan participar na súa distribución.

  • Como é iso?

Temos unha camiseta cunha declaración, temos un bo deseño, temos un prezo razoable, pero ademais é que calquera tipo de asociación ou entidade dedicada á cultura, de festas, deportivas… pode comprar directamente ao fornecedor, ao mesmo prezo que o fai DGAP, pois isto non é un negocio para a Asociación. É algo que compre facer para que os galegos nos sintamos máis preto da nosa lingua. Canta máis xente entre na distribución e na venda máis lonxe chegará a mensaxe.

Así, a través de galegopordiante.gal calquera entidade pode recorrier cos datos da empresa fornecedora, que ten o pacto de manter os prezos, e facer encargas mesmo co logo da propia entidade, ou variando as calidades.»

Cf. Xornal da Coruña

Eduardo Maragoto: «Que pinta aquí o portugués?»

«Xa coñecemos os grupos de traballo propostos polo Goberno da Xunta para renovar o plan de normalización. Un deles impulsará os vínculos coa lusofonía. Conveñamos que se avanzou, porque no plan do 2004 o portugués nin sequera aparecía mencionado entre 400 medidas. Será a primeira vez que a normalización do idioma e a lusofonía aparezan relacionadas no noso marco normativo.

Mais chegados a este punto, haberá quen cuestione: «Que pinta aquí o portugués?» É unha boa pregunta, con resposta máis difícil de dar a aquelas persoas que pouco máis leron nesta lingua que diminutivos de futbolistas brasileiros. Mais tentemos: o galego sofre unha hibridación acelerada que repercute no seu prestixio e, por conseguinte, no interese dos falantes por transmitilo ás seguintes xeracións. As persoas parecen concluír, e non lles falta razón, que a lingua acastrapada que falan non pode ter moito valor socioprofesional. «Para corrixir iso temos a escola», retrucarase. Mais os profesores de idiomas sabemos que as clases pouco poden facer nese sentido, porque ensinar un galego cuxa existencia os alumnos non confirman na sociedade é infrutuoso. Un exemplo: nas últimas décadas, os profesores esforzáronse moito en explicar o infinitivo conxugado (teres, termos, etcétera). Non valeu de nada: foi desaparecendo do galego común. Por que? Porque a complexidade do seu uso é tal que se torna imposíbel aprendelo só con materiais teóricos. Precisaría ser lido e oído en contextos comunicativos reais que xa só o portugués nos pode proporcionar.

«Pero iso non sería aprender unha lingua como se fose outra?» Non, sería máis ben explicar o galego doutro modo. Pensemos nas partes do corpo. As palabras testa, costas, coxa, canela ou calcañar pódennos soar aínda, mais moitos de nós xa só acertariamos a dicir frente, espalda, muslo, espinilla ou talón. Para lles devolver vitalidade, será mellor continuar a ensinalas como case perdidas ou como un patrimonio común a 270 millóns de persoas?»

Cf. La Voz de Galicia

Música e irmandade na 2ª Gala da Lusofonía este 23 de novembro na Guarda

«O Centro Cultural acolle este sábado 23 de novembro ás 21:00 horas a 2ª Gala da Lusofonía, onde se celebrará a riqueza da lusofonía en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Deputación de Pontevedra.

A gala, titulada “A República dos Sonhos” e presentada pola xornalista Esther Estévez, promete unha experiencia única de irmandade cultural entre Galicia e o universo lusófono,

que inclúe a música, entrevistas e conexións internacionais, nunha noite inspirada pola obra da escritora brasileira Nélida Piñón.

No marco do proxecto “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”, a gala servirá para explorar a fondo os soños, lendas e historias que unen Galicia e o mundo lusófono, abordando temas como a emigración, a cultura e o comercio. O evento será retransmitido en directo pola IGADI TV, a través do seu canal de YouTube, xa que se espera unha participación ampla e aberta.

As persoas interesadas en acudir de xeito presencial poden apuntarse no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmSKitjEty8n1V05yw0Cq1Nn8eLxTVZSmwA6HVuCM5i7AArA/viewform . De non encherse o aforo, abrirase ao público sen necesidade de inscribirse.»

«Português volta a aproximar partidos no Parlamento»

O português estivo perto de somar um novo consenso no Parlamento galego após uma proposiçom nom de lei apresentada polo BNG na Comissom Quarta (Educação e Cultura). Nela, as deputadas nacionalistas Iria Taibo e Cristina Fernández defendiam que o Parlamento devia instar ao governo galego a “aumentar o número de vagas de professorado de língua portuguesa”, formando também “novo professorado” nesta língua. Ainda, o BNG pedia “incorporar a oferta em língua portuguesa em todos os centros de ensino do país”.

Cf. PGL

Sónia Engroba: «Não somos conscientes nem conhecedores do poder da nossa própria língua»

«[…] Com as colegas do Brasil o idioma não se tornou nenhum impedimento comunicativo, tudo correu muito bem, com o galego e o português. A minha família adorava falar com as miúdas alegres que enchiam a casa de felicidade e de coisas novas e exóticas que elas contavam de Minas Gerais. Gostei muito dessa interconexão. Eram mundos tão diferentes, tão distantes e ao mesmo tempo tão compreensíveis.

Se tivesses de explicar às tuas amigas e amigos de Cospeito, porque vives o galego como sendo a mesma língua de Portugal e do Brasil, o que lhes dirias?

Dir-lhes-ia que não somos conscientes nem conhecedores do poder da nossa própria língua. Na verdade, temos um tesouro que nos permite comunicar internacionalmente. Isso torna o nosso idioma numa ferramenta comunicativa muito valiosa. Além da comunicação, também nos permite sentir-nos próximos a outras pessoas, a priori distantes, mas com as quais temos na fala muitas coisas em comum. Um exemplo claro está nos meus avós que se comunicaram muito bem com as minhas amigas brasileiras. Uma experiência que por acaso resultou com muito sucesso para todos, quer para os meus avós que ficaram muito cosmopolitas 😊, quer para as minhas amigas que sentiam os meus avós como seus próprios cá na Galiza […].»

Source: Sónia Engroba: ‘Não somos conscientes nem conhecedores do poder da nossa própria língua’ – PGL