O proxecto ‘Ponte… nas ondas!’ gaña o Premio Especial da Gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas

«A iniciativa ‘Ponte… nas ondas!’ será galardoada este xoves co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona, polo seu traballo constante no achegamento entre as culturas das dúas beiras do Miño, dentro da gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas.

Así mesmo, aRi[t]mar indicou nunha nota de prensa que Xisco Feijóo, Wilma Vieira e Lúa Mosqueteira recollerán os premios por producir “o mellor da música e a poesía en Galicia e Portugal durante 2021”. A fadista, de fama internacional, Ana Moura, tamén se alzou con este recoñecemento.»

Cf. O proxecto ‘Ponte… nas ondas!’ gaña o Premio Especial da Gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *