«O FunCAP é un proxecto coordinado pola Fundación Juana de Vega e financiado polo Programa de medidas de información no ámbito da política agrícola común (IMCAP) da Unión Europea (UE).
Ten como principal obxectivo aumentar a confianza na UE e demostrar que a Política Agrícola Común (PAC) é unha das políticas máis importantes na construción da UE para todos os cidadáns.
Para iso estamos a desenvolver un xogo de mesa que logo probaremos en 15 escolas de Galicia e de Portugal para trasladar dun modo divertido os principais beneficios da PAC, o Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa.»