Sobre o uso de galego na rúa

Semella que hai trece anos na visión que tiña a xuventude do galego non o incluía como ferramenta para situarse con vantaxe no mundo. Nos últimos anos a Lei Paz Andrade, mellorábel na súa configuración e aínda máis na súa implantación no ensino secundario, non tivo tempo nin recursos para mudar esta situación. Por iso nace a asociación DGAP, para divulgar que o galego é unha plataforma innegábel desde a que estudar portugués e así converter os cidadáns galegos en privilexiados comunicadores no ámbito da lusofonía e da hispanofonía a un tempo. Un recurso desaproveitado desde sempre debido a unha visión empobrecida do que a nosa cultura é.

*

«FICHA DO DOCUMENTÁRIO NO AVG: http://culturagalega.gal/avg/producci…

SINOPSE (GALEGO RAG): En que idioma fala a mocidade e por que? Perduran os estereótipos? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Este documentario profundiza na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial, co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son a chave para entendermos o estado actual da lingua e os retos para o futuro.

SINOPSE (GALEGO INTERNACIONAL): Em que idioma fala a mocidade e porquê? Perduram os estereótipos? Existe conflito por culpa da língua? Que lhe falta ao galego para estar normalizado? Este documentário profundiza na questom sociolinguística através da gente nova, da primeira geraçom da história que tivo o galego como língua oficial, com o convencimento de que as experiências e opiniões desta geraçom som a chave para entendermos o estado actual da língua e os retos para o futuro.»

Cf. Telegaliza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *