Colexios galegos e portugueses celebran o ‘Día da Radio’ con emisións en directo e programas sobre diversidade

«Este 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio. Coincidindo coa conmemoración, colexios galegos e portugueses levan días traballando nas súas emisoras escolares, que culminarán este xoves con emisións en directo, realización de podcasts e outras actividades, que terán como temática central a ‘diversidade’ en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, de xénero, de idades ou de nacionalidades.

A asociación cultural Ponte…nas Ondas! impulsa boa parte destas accións, suxerindo actividades para os centros de ensino de unha e outra banda do Miño. Así, como experiencia de radio interescolar multimedia, proponlles ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que ofrece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos, formatos ( audios, podcasts, vídeos…) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais…). O portal Escolas nas ondas transmitirá o 13 de febreiro as producións realizadas polas escolas participantes […].»

Cf. Praza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *