Comedia – Diferenzas / Diferenças entre o galego e o portugués / português brasileiro

Conversa 1 de chibi iasumiña e chibi mautrinho. Ligazón ao blog: http://aprendegallego.blogspot.com.es… Este vídeo trata de xeito divertido algunhas das diferenzas do galego e do portugués. Se ten éxito e vos gusta subireimos máis e mellor realizados! Sempre mellorando, ho! XD Créditos: – Isto foi unha idea orixinal do usuario do YouTube mavtross (mavetse35): – Creación dos debuxos e animación do vídeo feito pola usuaria do YouTube Yasumi AndTheWolf (aprendegallego – GaleonDasRias) – Guión elaborado por mavtross e Yasumi – Adhesión dos subtítulos feito por mavtross – Creación desta entrada coa súa información feito por Yasumi.

O portugués non é lingua estranxeira, por Enrique Sáez Ponte

Considerar o portugués como lingua estranxeira é un grave problema de diagnóstico. A causa disto, a vantaxe de que o galego e o portugués compartan tronco lingüístico estase convertendo nun obstáculo real para o achegamento da xuventude ao emprego da lingua irmá, cando tiña que ser o contrario.

Enrique Sáez Ponte

O portugués debe ser ensinado desde o galego, aínda que iso pete coa divisoria oficial entre linguas, que neste caso concreto é bastante artificial. No sistema educativo español, hai programas de ensino para linguas propias e para linguas estranxeiras. Calquera deles está estruturado nunha serie de cursos que abranguen un período de formación de varios anos, con profesores e orzamentos específicos. Mais aquí temos unha situación moi nosa: o gris existe. O branco ou o negro non nos serven, porque o portugués é unha lingua que poderíamos denominar semipropia; está nunha categoría inexistente na racionalidade legal dos programas educativos.